Cousas da oligarquía

Hai noticias que por si solas falan:
El PP ha repartido 65 millones a los partidos esta legislatura para seguridad y funcionamiento.
Lelo aquí.
65 millóns de euros son 10.815 millóns de pesetas.
Pero a noticia é aínda máis dura de tragar: Un 40 % menos de lo que abonaba Zapatero.
Quero eso decir que Don José Luis Rodríguez Zapatero tería repartido 15.141 millóns de pesetas no mesmo periodo de tempo.

No Parlamento de Galicia dan o espectáculo 75 galegos que cobran de 5.000 euros/mes para arriba.



O Estatuto de Autonomía permite un mínimo de 60 pais da patria, e un máximo de 80.
A Lei Electoral ordena 10 por provincia e os 35 restantes en función da poblacion provincial.
O Goberno quere quedarse con 61 co fin de que sexan impares.
O oposición, que seica é de esquerdas, fala dunha xugarreta de Feijoo en contra da democracia.
Estes que montan o circo (refírome a todos) pensan que a cidadanía é estúpida e non sabe matemáticas.
Os ignorantes son a maior parte deles.
Un estudiante de ESO sabe facer proporcións:
24 por A Coruña + 21 por Pontevedra + 15 por Lugo + 15 por Ourense, fan un total de 75.
Se queremos manter a proporción e quedarnos con 61, compre multiplicar todas esas cantidades por 61 e dividir por 75.
Con eso quedan:
20,33 por A Coruña +  17,08 por Pontevedra + 12,20 por Lugo + 12,20 por Ourense.

O novo Parlamento Galego tería 20 parlamentarios pola provincia de A Coruña, 17 por Pontevedra, 12 por Lugo e 12 por Ourense.

Como a proporción é a mesma, a representatividade é identica.

A oposición o que quere é que lle sigamos pagando 5.000 euros/mes a un colega por levantar a manita cando o manda o xefe. E para eso trátannos coma se fosemos estúpidos.
Mandar el mensaje de que sobran parlamentarios en antidemocrático, según o PSOE. Pódese ler aquí. Fai falta ter cara dura para estar protestando por calquera tipo de recortes, e cando o recorte alcanza á pandilla decir que é antidemocrático. É imposible retratar con máis claridade o que é a oligarquía.


Algo de razón deben de ter cando seguimos anestesiados vendo como os nosos fillos están en paro, ou están preparando a maleta para emigrar.
Os fillos deles encontran traballo: con Méndez Ferrín na RAG entraron contratados a filla e o xenro.
O Secretario da mesma insitución, que pagamos todos os galegos, colocou tamén a un fillo e o Tesorero a outro. Léano aquí.

É o que ten a oligarquía político-sindical: sempre emigran os fillos dos outros.