Aritmética electoral 1

Como os manipuladores, de todas as cores, a sueldo da oligarquía política andan extendendo a basura para que  non nos enteremos do que pasou o 21 de outubro en Galicia, dedicarei unhas horas do meu tempo a explicar o que non debería ser necesario explicar porque os números non admiten interpretacións.

En Galicia hai tres tipos de consultas electorales: as Municipales, as Autonómicas e as Generales.

A circunscripción electoral (ou distrito electoral) é a unidade territorial na que se contan os votos emitidos (e non emitidos: abstención) polos electores e onde se convirten, dacordo cun cálculo matemático denominado Lei d'Hondt, en cargos representativos unipersonales.

A circunscripción electoral nas Municipales é o municipio (moitos galegos confunde a menudo o municipio co concello: o municipio é un territorio (término municipal) habitado por cidadáns e o concello (corporación municipal ou ayuntamiento en castelán) é o órgano de goberno do municipio.
Como en Galicia hai 315 municipios, hai 315 cincunscripcións electorales que elixen as 315 corporacións locales (ou municipales) que logo elexirán ós 315 alcaldes.

A circunscripción electoral nas Autonóomicas e nas Generales é a provincia. Así que nestas temos catro distritos electorales que son A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Para poder participar nos procesos electorales compre ter máis de 18 anos e aparecer nunha lista denominada censo electoral.
En Galicia temos dous censos electorales:
1. CER (Censo Electoral de Residentes), lista na que figuramos todos os que estamos empadronados legalmente nun municipio galego, aínda que residamos en Pekin ou en Ponferrada. Votamos en todas as eleccións.
Os que non están en Galicia o día da votación: emigrantes, estudiantes, embarcados... solicítano e votan por correo.
Cada elector ten asignada unha mesa electoral, que unha vez escrutada (contados os votos emitidos) pasa a xuntarse con todas as mesas do municipio nas Municipales, ou con todas as mesas da provincia nas Autonómicas e Generales.
Os votos do CER son os que se contan o mesmo día das eleccións e que dan lugar ós resultados definitivos nas Municipales, e ós resultados provisionales nas Autonómicas e Generales (provisionales á espera do reconto do CERA do que falamos a continuación).
Para as Autonómicas 2012 eramos 2.299.184 cidadáns.

2. CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes), lista na que figuran os galegos que residen no estranxeiro e están inscritos no Registro de Matrícula de Españoles del Consulado General que lles corresponda de acordo ó seu domicilio.
Todo galego inscrito nese rexistro pasa ó censo CERA dunha das catro provincias e ten dereito a participar na elección do Parlamento de Galicia e no Parlamento de España. Afortunadamente hoxe non poder elexir ó se alcalde.
¿Por que digo afortunadamente? 
Porque un día chegou o poder un home temerario, corto de entendedeiras e risueño (¿por ser corto de entendedeiras?)




que como mandara propagar que os do PP eran franquistas e puxera en marcha o guerracivilismo (que ningún político da transición utilizara para manter a palabra dada: aceptar aquelo de ¡Libertade, Amnistía, Estatuto de Autonomía!, que berrabamos nas rúas as xentes de esquerda, e mirar cara o futuro), decidiu que tamén lle había que dar dereito a votar ós fillos dos españoles e ós netos deses mesmos españoles sempre que algún dos abuelos fose un exiliado político, e decir do bando perdedor da guerra civil española

La Ley 52/2007 dice:
1. "Las personas cuyo padre o madre hubiese sido originariamente español podrán optar a la nacionalidad española de origen". Es decir que se reconoce el derecho de opción a la nacionalidad para aquéllas personas cuyo padre o madre hubiera sido originariamente español.
2. Este derecho también se reconocerá a los nietos de quienes perdieron o tuvieron que renunciar a la nacionalidad española como consecuencia del exilio".
Supoñía este home que nunca traballou que votarían por el (tamén lle quixo dar o voto ós inmigrantes non legalizados e que votasen os maiores de 16 anos). Este personaxe que dixo, sendo presidente da nación española, que La nación española es un concepto discutido y discutible solo pretendía manterse no poder a costa do que fose.
E así que cando a Ley de Memoria Histórica de don José Luis Rodríguez Zapatero dictou que os netos dos exiliados podían facerse españoles, os cubanos falaron da fábrica de españoles.

¿Quién puede negar que mi abuela gallega fue una republicana que tuvo que exiliarse?, diría un mozo arxentino coa labia que os caracteriza.
Houbo do orden de 250.000 solicitudes e ó redor de 117.000 novos españoles.

É o que sucede cando alguén que é capaz de decir en público que La tierra no pertenece a nadie, salvo al viento é o home máis poderoso de España:
unha muller de Escairón de 25 anos marcha para Venezuela unha vez terminada a Guerra Civil, poñamos que no 1940. No 1942 cásase e no 1950 ten catro fillos (o índice de natalidade das galegas era daquela alto). Ningún dos catro fillos puxo nunca un pé en Galicia.  En 1980 eses catro fillos casan e no 1990 teñen dous fillos cada un. En 2012 todos teñen máis de 18 anos. 
Antes podía votar solo a galega que emigrou: con Zapatero son 13 os electores desa familia.

Ata fai uns poucos anos votaban tamén nas Municipales, nas que en boa lóxica solo debían votar os veciños. Resulta que era veciño meu o neto dunha galega que non tiña nin idea de que existia un río denominado Mandeo que atravesaba o noso común municipio.

E, como sucede sempre, chegaron os trapicheos da oligarquía política e con eles a corrupción.

¡De tolos!

No CERA están inscritos para aestas eleccións 395.340 galegos e descendentes de galegos. O escrutinio faise unha semana despois das eleccións, e cando se xuntan os escrutinio do CER con escrutinio de CERA temos os resultados definitivos das Eleccións 2012 ó Parlamento de Galicia.

Daquela xa entenderemos perfectamente o cuadro que ven a continuación, no que aparecen os dous censos electorales repartidos nos catro distritos electorales.

Cincunscripción electorarCenso CER Censo CERATotal electores
A Coruña950.487137.1471.088.343
Lugo294.78455.818350.778
Ourense275.15588.270363.868
Pontevedra778.803114.104893.524
Galicia2.299.229395.3402.696.513

Como nestes momentos no Parlamento de Galicia hai 75 asentos (Feijoo prometeu rebaixalos a 61) faise o reparto deles por circuscripción electoral de acordo cos seguintes criterios:

La circunscripción electoral es la provincia.   El número de diputados del Parlamento de Galicia es de 75. A cada una de las  provincias le corresponde un mínimo inicial de 10 escaños, distribuyéndose los 35 restantes en proporción a su población. Para ello:  
  1. Se obtiene una cuota de reparto resultante de dividir por 35 la cifra total de la población de derecho de las provincias de Galicia.
  2. Se adjudica a cada una de las cuatro provincias tantos Diputados como resulten, en números enteros, de dividir la población de derecho provincial por la cuota de reparto.
  3. Los Diputados restantes se distribuyen asignando uno a cada una de las provincias, cuyo cociente obtenido tenga una fracción decimal mayor.
Esa norma provoca o seguinte reparto de diputados por distrito electoral:

Cincunscripción electorarCenso total ParlamentariosVotos por parlamentario
A Coruña1.088.3432445.348
Lugo350.7781523.385
Ourense363.8681425.991
Pontevedra893.5242240.615
Galicia2.696.5137535.954

Como se pode ver, obter un diputado do Parlamento Galego pola circunscripción electoral da Coruña costa o doble número de votos que se ese parlamentarios fose elexido na circunscripción electoral de Lugo.
O voto dun lugués vale o doble que o voto dun coruñés.

Para rematar esta disertación sobre o noso sistema electoral, nas democracias o poder reside no pobo soberano e non en ningunha tribu (mellor ou peor organizada) que se dedique a pensar por nós, decir que para poder entrar no reparto de asientos hai unha barreira:

La barrera electoral, es decir el porcentaje mínimo de votos que una candidatura necesita obtener para poder acceder a la distribución de escaños es del 5%.

O que escribiu o texto debería especificar que a barreira electoral é do 5% dos votos válidos por cincunscripción electoral (por provincia), xa que a barreira electoral tamén podería ser aaplicada ó total dos votos.
Desa maneira enténdese que non contan nin a abstención nin os votos nulos, porque non son votos válidos, sin embargo os votos en blanco sí.
Votar en blanco, que supón o máximo nivel de compromiso democrático que un elector pode asumir: vou votar (son un demócrata) pero non acepto nin o Sistema Electoral nin a Ley de Partidos vixentes na actualidade, pode impedir que un partido novo consiga ese 5% mínimo.

A transformación de votos en parlamentarios faise aplicando un cáculo matemático que practicaremos aquí para que todo quede o máis transparente posible:

El reparto se realiza de acuerdo con la regla D´Hont, como en las elecciones generales