Grelos con chourizos caixagalicia 2

Políticos e sindicatos (CCOO + CSICA teñen o 65% da representación) no Consello de Administración daquela Caixa Galicia da que todos nos sentiamos orgullosos cando atopabamos polo mundo adiante unha das súas oficinas.
Inxenuos, pensabamos que era nosa, cando na realidade era un coto privado de todos os que veñen a continuación.
Exprimírona TODOS todo o que quixeron porque esta Galicia sigue anestesiada á deriva, co fondo musical dos sermóns dos aparatos de propaganda dos mesmos que gobernaban a Caixa.
Cos cartos de todos (nunca saberemos cantos euros nos roubaron os partidos políticos ¿e os sindicatos? polos créditos impagados) financiaban os aparatos de propaganda para que seguísemos dormidos.
Incluso agora que todo se veu abaixo, e nos arruinaron, siguen igual de rufos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  No paso ó Consello de Administración de Novacaixa Galicia (nome ridículo a máis non poder), caeron os sindicatos, o BNG e un dos representantes do PP.
O PSOE mantivo o seu poder: ¡Como iba sobrevir a caixafusionada se o timón non estaba nas mans deses tres grandes estadistas galegos: Barcón, Moreda e Orozco!
¡Qué bello es vivir!